Friday 19 de April de 2024

O Concello publica a oitava entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Juan Cabrejo, director da Escola de Fútbol municipal


· A protagonista, ex futbolista profesional, fala da súa traxectoria e do proxecto que ten actualmente entre mans formando ás novas xeracións.

· Cada mes publicarase na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un veciño ou veciño de Camariñas que destaque no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.

O Concello de Camariñas publicou a oitava entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Juan Manuel Cabrejo Pasantes, un camariñán coñecido en toda España pola súa carreira como futbolista profesional e que agora volveu á casa para dirixir a Escola de Fútbol do Concello de Camariñas.

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

Nesta ocasión o protagonista e Juan Cabrejo, unha ex futbolista profesional que Durante anos mantivo unha carreira no deporte rei que o levou a percorrer distintos puntos da península para desenvolver a súa paixón ao máximo nivel. A día de hoxe volveu a casa, ao Concello camariñán, onde continúa co seu camiño nun novo apartado dentro do mesmo mundo no que sempre quixo estar.

Juan Cabrejo estudou ensinanza infantil na Coruña, aínda que para exercer nese campo tardaría uns poucos anos. A súa carreira como futbolista comeza no Camariñas F.C. co cal logra acadar o título da Copa da Costa, a primeira que lucirían as vitrinas do Hermanas Patiño. Dará o salto ao fútbol profesional primeiro co Compostela B e posteriormente co primeiro equipo da mítica entidade do fútbol galego. Estará nas súas filas uns anos nos que case debuta na mellor liga do mundo no momento: a Primeira División Española… Logo partirá e recadará en lugares como Eibar, Elche, Ceuta e Cartaxena. Agora volveu a súa terra para xestar a nova xeración de futbolistas da Costa da Morte dende a súa escola de fútbol.

Pode verse o vídeo completo da entrevista en https://eusoncamarinas.es/entrevistas-esc/juan-cabrejo-director-escola-futbol-concello-camarinas/